jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsA Xunta enfróntase á fase final das obras de mellora do tramo...

A Xunta enfróntase á fase final das obras de mellora do tramo de concentración de accidentes da PO-403 ao seu paso por Ponteareas

- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou o fin dos traballos nunha visita xunto á alcaldesa, Nava Castro, e destacou a sensibilidade do goberno galego para incorporar melloras que atendían ás demandas veciñais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o antigo Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) da estrada PO-403 ao seu paso polo Concello de Ponteareas, no que a Xunta de Galicia desenvolveu unha obra para mellorar a seguridade viaria do seu percorrido neste acceso de entrada á capital do Condado.

Xunto á xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o responsable provincial da AXI, Manuel Juanatey, o delegado territorial comprobou o bo resultado conseguido coa obra. Cabe destacar que a actuación comezou co obxectivo de mellorar a intersección construíndo carrís de espera neste tramo da estrada que une a vila de Ponteareas con Salvaterra do Miño. Sen embargo, durante unha visita ás obras plantouse a posibilidade de construír unha rotonda, unha demandada da veciñanza da zona que axudaría diminuír a peligrosidade da vía. Tras examinala atentamente, esta opción foi aprobada.

Neste sentido, Reguera sinalou que “dende a Xunta sempre estamos dispostos a estudar novas posibilidades e a escoitar as opinións e peticións dos veciños que son quen mellor coñecen o terreo e quen se van beneficiar desta mellora”.

Con esta actuación, que contou cun orzamento de preto de 800.000 euros e que está a punto de rematar, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, conseguiu eliminar un TCA e mellorar a seguridade viaria nun tramo de preto de 1.600 metros. Ademais, a actuación supón a mellora das interseccións, o reforzo dos pasos de peóns, a ampliación das beirarrúas, a creación de prazas de estacionamento e a renovación da sinalización. Tamén se implantaron outras medidas para incrementar a visibilidade.

Agustín Reguera insistiu no compromiso da Xunta de Galicia por seguir mellorando as condicións das estradas de toda a Comunidade Autónoma, de forma a aumentar a seguridade nos desprazamentos de todos os galegos e galegas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES