jueves, mayo 16, 2024
InicioA terraMedio AmbienteO proxecto Innovaguas reduciu un 30% o consumo enerxetico nas depuradoras de...

O proxecto Innovaguas reduciu un 30% o consumo enerxetico nas depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30% o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel.


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde, Jesús
Vázquez Almuíña, visitou hoxe a depuradora de Baiona para presentar os resultados do
sistema de optimización do consumo enerxético que se desenvolveu no marco do
programa Innovaugas.


Explicou que este proxecto pioneiro, aliñado coa estratexia galega de economía circular,
se dirixe a acadar depuradoras de augas residuais intelixentes. Así, activouse inicialmente
nas depuradoras de Gondomar, de Nigrán e Baiona, a modo de proxecto piloto.


Detallou que a solución técnica para reducir o consumo enerxético nestas plantas baséase
nun sistema innovador de explotación por intelixencia artificial. Dotouse cada tratamento
de sensores que avalían o seu estado e funcionamento en continuo e controlan a calidade
da auga residual á entrada da planta.


De xeito máis concreto, existen 3 niveis de control: un primeiro con dispositivos que
recompilan información en tempo real sobre os procesos de depuración e consumos; un
segundo, que integra algoritmos de control intelixente en tempo real dos distintos procesos
e establece procedementos para optimizar o seu funcionamento; e un terceiro, que
recompila os datos e achega feedback para a toma de decisións con simulacións.


Con todos os datos recollidos a intelixencia artificial contribúe á toma de decisións na
explotación da depuradora que permitan unha maior eficiencia no consumo de enerxía
mantendo a calidade requirida na auga que finalmente se verte ao medio.


A conselleira sinalou que este sistema leva funcionando 5 meses nas citadas depuradoras,
constatando que se evitou a emisión á atmosfera de máis de 147.500 toneladas de CO2 ao
ano.


Precisou que na planta de Baiona se obtivo unha redución do consumo enerxético do 30%,
rexistrando nas tres depuradoras nas que está implantado o sistema unha media de
redución que acada o 10%.


ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES