domingo, mayo 12, 2024
InicioNovas CorporacionsGobernosO PSOE e o BNG chegan a un acordo de goberno en...

O PSOE e o BNG chegan a un acordo de goberno en Caldas de Reis

- Logo de varias semanas de "intensas negociacións", o BNG e o PSOE acadaron un acordo de goberno para os vindeiros catro anos

En virtude do cal, o PSOE de Juan Manuel Rey manterá a alcaldía de Caldas, mentres que o BNG ocupará a tenencia de alcaldía, facéndose cargo ademais das áreas de Cultura, Deporte, Turismo, Educación, Mocidade, Patrimonio, Normalización Lingüística e Sanidade
da institución municipal.


O acordo, que será asinado nos vindeiros días por Manuel Fariña e Juan Manuel Rey recolle ademais importantes investimentos que serán postos en marcha de maneira inmediata e que redundarán na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños de todo o concello. Estes investimentos, centrados na ampliación e mellora dos servizos públicos suporán un punto de inflexión na xestión municipal, que estará centrada na mellora da calidade dos caldenses.

«Este acordo, pretende dar resposta á expresión maioritaria da veciñanza de Caldas nas urnas o pasado mes de maio, na que os veciños e veciñas de Caldas apostaron claramente por un goberno de esquerdas».


«Neste acordo subscríbense cuestións tan básicas como realizar uns orzamentos que atendan ás necesidades prioritarias da poboación, que reforcen a aposta polos servizos públicos e que reforcen o mantemento e a limpeza do espazo público que son cuestións amplamente demandadas polos caldenses», manifestan dende o BNG.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES