lunes, mayo 20, 2024
InicioA terraMedio AmbienteProsiguen os traballos de recuperación da Freixa

Prosiguen os traballos de recuperación da Freixa

- A alcaldesa, Nava Castro, sinalou a recuperación e posta en valor do río Tea e da contorna da Freixa como unha das principais prioridades do Goberno local

O Concello de Ponteareas xa está a poñer en marcha diferentes actuacións para a recuperación e posta en valor do río Tea ao seu paso pola vila, unha das principais prioridades do Goberno municipal. “Estamos comprometidas e comprometidos coa nosa contorna, un espazo natural único que temos que coidar con especial agarimo e no que A Freixa ten un papel importante”, explicou a alcaldesa, Nava Castro.


Neste camiño, o Concello comezou os labores de desbroce e limpeza das marxes
do río e das zonas de esparexemento da contorna, así como os traballos de
mantemento e conservación dos chiringuitos da Freixa e a apertura dos baños e
aseos. Por outra banda, para garantir a seguridade dos veciños e veciñas, estase a
analizar a calidade da auga do río e contrataranse socorristas para o período estival.


Como salientou a rexedora, “con estas accións de limpeza, mantemento e
conservación queremos ofrecer a cidadanía e visitantes un espazo natural
impecable, seguro e acolledor”.


Xunto a estes labores, o Goberno municipal contactou tamén coas plataformas
CISAC e Tea Vivo para establecer colaboracións que permitan entre todos e todas
recuperar o máximo esplendor e dignidade dunha paraxe natural como a do río Tea
e a do espazo lúdico da Freixa.


Dende o Concello faise un chamamento a veciños e veciñas para que extremen o
coidado da contorna, sendo respectuosos e respectuosas co medio ambiente e
recollendo os restos de lixo, unha colaboración fundamental para preservar e
desfrutar plenamente deste espazo natural.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES