martes, abril 30, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO BNG rompe as negociacións co PSOE de Tui

O BNG rompe as negociacións co PSOE de Tui

- "O BNG de Tui quere informar á opinión pública que despois dun proceso de negociación co PSOE lamentablemente no se alcanzou un acordo para un goberno de coalición"

«Nós sempre manifestamos de forma repetida durante a campaña electoral, a mesma
noite electoral e en entrevistas posteriores, a nosa disponibilidade para conformar un
goberno progresista en Tui», din dende o BNG de Tui.


«Pola contra, na mesma noite electoral e en entrevistas posteriores, incluso xa iniciadas
as negociacións, o candidato do PSOE mostrouse reacio a pactar e manifestaba a súa
intención de gobernar en minoría. Tardou ata nove días en contactar co BNG. Iso é moi
revelador do pouco interés en formar un goberno con nós».


«Pese a isto, puxemos todo o noso empeño en que ese acordo se producira. Nese
sentido, cando fomos convocados polo PSOE, aportamos unha comparativa dos
programas electorais de ambos partidos, área por área, proxecto por proxecto, e
empezamos a negociación en base a eles. Aportamos incluso deseños dos nosos
proxectos e propostas. Durante a negociación, o BNG mostrouse disposto a ceder en
moitos puntos en que mantíñamos opinións diferentes , aceptando as súas propostas
Pero non houbo na outra parte verdadeira intención de pactar», manifestan.


«O PSOE non fixo absolutamente ningunha cesión en puntos nos que discordábamos,
nen sequera nos dous únicos que para nós eran irrenunciables: a non construcción dun
aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica e evitar o derrube da casa e o
traslado do hórreo da finca Patazumba. Chegados a este punto , rompéronse as negociacións».


«A asamblea do BNG de Tui, celebrada o día tres de xullo, foi informada con detalle do
proceso de negociación e decidiuse que desde este momento o BNG confórmase
formalmente como oposición e que exercerá ese papel de forma constructiva e firme», rematan dicindo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES