martes, mayo 21, 2024
InicioNewsComarcasPorriño presenta este venres o seu novo orzamento municipal

Porriño presenta este venres o seu novo orzamento municipal

- O orzamento ascende a 19 M de euros, experimentando un crecemento do 36,23% respecto do vixente prorrogado de 2018

O goberno municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, levará a pleno este venres a súa proposta de Orzamento para o que resta de exercicio. Unhas contas de transición que definen marco de estabilidade que pretende ofrecer o executivo local, cunha xestión previsible e unha planificación ordenada de gastos e ingresos.


“Actuamos con responsabilidade e fuxindo de calquera populismo económico”,
apuntou o alcalde, “O Porriño necesita un orzamento que atenda ás súas necesidades
actuais e permita unha xestión eficiente, algo que non cumpría o prorrogado do 2018
co que traballabamos”. Puntualiza Lorenzo que, se ben falamos unhas contas realistas,
tamén son ambiciosas e de marcado carácter expansivo xa que “experimentan un
crecemento do 36,23% respecto do orzamento vixente. Ascenden a 19 M o que o sitúa
como o máis elevado da historia deste concello”.


Este marco de estabilidade permitirá poder facer uso o que queda de ano do
remanente acumulado para inversións tan necesarias como a execución de proxectos
de saneamento nas parroquias, adquisición de parcelas para a creación de parques,
zonas verdes ou o auditorio municipal e tamén bonificación de impostos para que O
Porriño se consolide como Concello emprendedor.


Con todo, o rexedor insistiu en que a finais deste ano presentaranse o orzamento
correspondente ao exercicio 2024, no que poder dar cabida a todas as necesidades da
veciñanza do Porriño.

Estabilidade e recuperación económica


As contas públicas que presenta o executivo ofrecen seguridade e estabilidade,
centrándonse en consignar a dotación necesaria para poder atender os compromisos
adquiridos. Trátase como xa dixemos dun orzamento de transición que contempla un
incremento substancial na prestación de servizos, de maneira regulada e legal, logo
de moitos anos cunha situación de ausencia total de contratos regulados,
especialmente grave no caso dos servizos obrigatorios con maior custe, como son a
recollida de lixo, mantemento de xardíns e desbroces, xestión da piscina ou servizo de
axuda no fogar. Neste documento contémplase un gasto corrente para atender aos
contratos de servizos formalizados que representa un 57,54% do mesmo.
En canto ao gasto en persoal, hai que ter en conta que no ano 2019 aprobouse a
Relación de Postos de Traballo sen contar con crédito suficiente no orzamento inicial
para dar cobertura á mesma. Este orzamento recolle por fin a dotación necesaria para
atender ás retribucións do persoal ao servizo do Concello incrementando esta partida
nun 33,95%.


Un Goberno que coida


Desde o Goberno local seguiranse tomando todas as medidas necesarias, dentro das
súas competencias, para axudar ás persoas, familias e empresas que están a ter
dificultades. Manter e reforzar os servizos sociais dotando esta área de máis persoal e
orzamento para cumprir na prevención de axuda no coidado dos nosos maiores
creando unha área propia ou a atención e integración social das persoas menos
favorecidas, o que supón a dotación orzamentaria na asistencia social de máis 2,2 M
de euros. Isto supón un incremento do 94% nesta partida.


Coidar tamén é coidarnos, polo que a aposta polo Deporte tamén se reforza cun
incremento do 42,32 %.


Concello que integra cultura, educación, xuventude e infancia


Resalta na folla de ruta económica a área de Cultura. “Trátase dun valor esencial e un
recurso imprescindible do desenvolvemento intelectual”, apuntou Lorenzo, “Polo que
seguiremos desenvolvendo unha programación atractiva e moi pendentes da
xuventude e das súas necesidades”. A tal fin esta partida increméntase nun 18,38%.
Tamén se reforza o eido da Educación cun aumento do 31,25%.
Inclúense tamén novas subvencións nominativas a asociacións do eido veciñal e social
que ata o de agora non contaban con achega municipal directa, como é o caso de
COGAMI, AFAGA ou OSÍLICE. Destacar neste punto que a maiores se dará cobertura a
outras asociacións locais con modificacións orzamentariasque se levarán a pleno nas
próximas semanas.


Sete dedicacións e soldos conxelados toda a lexislatura


No que atinxe ás retribucións dos membros do goberno local mantéñense os soldos
conxelados dende o 2021, sumándose o compromiso do rexedor de non subir as súas
retribucións nin as dos seus concelleiros no que resta de lexislatura, renunciando á
subida que conlevaría a subida do IPC. Así, Alejandro Lorenzo seguirá a ser o alcalde
con menor retribución da área metropolitana de Vigo.
Así, establécense sete dedicacións exclusivas, cun importe anual de 34.700,54 euros,
ademais da alcaldía, cun importe de 39.540,20 euros. Estes son os En canto ao persoal
eventual, o rexedor configura o seu gabinete con tres prazas eventuais: Secretaria de
Alcaldía e Relacións institucionais, protocolo e prensa, cun importe cada unha de
33.217,52 euros e unha de Asesoría Xurídica, cunha dotación anual de 59.830 euros.
Esta nova asesoría non incrementará o gasto pois se trata dun funcionario que
continuará co seu labor na administración local tras a súa xubilación no gabinete de
Alcaldía.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES