martes, mayo 21, 2024
InicioNewsComarcasO GDR Condado-Paradanta aproba a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa

O GDR Condado-Paradanta aproba a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa

- O novo período incorpora como novidade o Bono Activa Rural, que consiste nunha axuda de ata 18.000 euros en dúas anualidades, para a posta en marcha de actividades non agrícolas en zonas rurais

A Asemblea Xeral Ordinaria do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou este venres, no salón de plenos da Cañiza, a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para o período 2023-2027 (DELP). Esta definirá os criterios a seguir á hora de seleccionar os proxectos susceptibles de financiamento con fondos LEADER.

Con esta aprobación remátase o proceso de elaboración da EDLP, a expensas da aprobación
definitiva por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Para o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo “culmina unha etapa de intenso traballo realizado no último ano, no que se levou a cabo un exhaustivo proceso de escoita activa da veciñanza, para recoller aquelas liñas que realmente son de interese e teñen potencial de desenvolvemento”.

Bono Activa Rural
O novo período 2023 -2027 incorpora como novidade o Bono Activa Rural, que consiste nunha axuda de ata 18.000 euros en dúas anualidades, para a posta en marcha de actividades non agrícolas en zonas rurais.

Esta nova vía de financiamento non esixe xustificar ningún investimento, pero si require o
cumprimento do plan empresarial e manter a actividade durante un mínimo de cinco anos,
ademais de outros requisitos administrativos.

Os proxectos que se presenten a esta modalidade de axuda, concorrerán dentro dos proxectos produtivos, unha das liñas de financiamento dos fondos LEADER , os que tamén contemplan axudas para iniciativas non produtivas (bens ou servizos públicos).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES