miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsA RaiaTui e Valença celebrarán o undécimo festival IKFEM

Tui e Valença celebrarán o undécimo festival IKFEM

- IKFEM celebrarase do 20 ao 25 de xullo en Tui e Valença

Durante 6 días os lugares máis emblemáticos de Tui e Valença converteranse nos
escenarios de concertos de música, mostras creativas, encontros e reflexións sobre as
artes, na undécima edición do IKFEM, nesta ocasión con renovadas ideas e propostas
creativas para todos os públicos.


Desta volta o espazo artístico ábrese cara á lusofonía, coa participación de Brasil, e cunha sensibilidade especial cara á lingua que une a tres culturas: a portuguesa, a galega e a brasileira.


A ponte internacional volverá ser o escenario do arranque do festival cun espectáculo que
sorprenderá aos asistentes. Desde os seus inicios, IKFEM identificouse a esa estrutura en
forma de celosía construída en 1884 (aínda que inaugurada en 1886) que permitiu unir as
históricas cidades de Tui e Valença. Unha ponte que serviu de fronteira entre dous países
e que hoxe representa a unión de dous estados membros da UE, nun espazo común
denominado a “Eurocidade”.

Entre as grandes novidades desta edición está a posta en marcha de IKFEM CREATIVA,
un espazo vivo onde promocionar de maneira colaborativa o talento local galego e
portugués: música, gastronomía, danza, moda, pintura, literatura e teatro, entre outras
disciplinas.

Os interesados en participar poden desde xa inscribirse na páxina web do festival
(www.ikfem.com). A convocatoria estará aberta ata o 10 de xullo, tanto para creativos
galegos como portugueses.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES