viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsEmpresaA Xunta destaca o esforzo de PEMES e profesionais para maximizar o...

A Xunta destaca o esforzo de PEMES e profesionais para maximizar o impacto da marca Galicia

― A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou no VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, no que interviron empresas referentes na aplicación do deseño para impulsar a competitividade económica, a innovación inclusiva, o emprendemento social e o desenvolvemento sustentable

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou hoxe en Ferrol o esforzo que profesionais e pemes realizan para que o deseño marca Galicia teña o máximo impacto no crecemento económico, no benestar social e na sustentabilidade medioambiental. Este foi o tema central do VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, celebrado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación no CIS Tecnoloxía e Deseño e que contou tamén coa participación da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Durante a apertura do evento, Argerey lembrou a próxima convocatoria da liña de axudas
DeseñaPeme e dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño, no marco do Programa
de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024– Diferenza. A directora da
Axencia Galega de Innovación contextualizou as actuacións do programa na promoción de
solucións innovadoras e sustentables para os retos actuais mediante a creación dun
ecosistema de deseño forte e capaz de contribuír á innovación e á competitividade
empresarial.


As axudas DeseñaPeme buscan contribuír a que o deseño estratéxico se converta nun
elemento relevante e habitual na planificación, nos procesos e no modelo de negocio das
pemes galegas. Segundo resaltou a directora da Axencia Galega de Innovación, este ano
convócanse conxuntamente coas axudas InnovaPeme para permitir que as empresas
poidan aproveitar as sinerxías que supoñen as dúas convocatorias, coa opción de
presentarse ás dúas simultaneamente.

As persoas participantes no encontro celebrado hoxe en Ferrol coñeceron de primeira man
a experiencia de seis empresas galegas que, segundo subliñou a directora da Axencia
Galega de Innovación, ademais de formar parte do principal músculo económico de Galicia
por tratarse todas elas de pemes, son referentes na aplicación do deseño para impulsar a
competitividade económica, a innovación inclusiva, o emprendemento social e o
desenvolvemento sustentable.


O despacho de avogados Gabeiras & Asociados, o estudio de deseño Desoños, a
consultora de deseño estratéxico DesignThinking.gal, a empresa de solucións dixitais para
a atención persoas maiores Envita, a consultora especializada en sustentabilidade nos
sectores primarios Sinerxia Plus e a fabricante de accesorios para mascotas The Painter’s
Wife compartiron as súas boas prácticas e claves de éxito na aplicación do deseño como
ferramenta de impacto económico, social e medioambiental.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES