viernes, mayo 17, 2024
InicioEmpresaEmpresariadoProlongase a folga do metal en Pontevedra

Prolongase a folga do metal en Pontevedra

- Milleiros de traballadores/as do sector manifestáronse en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía

A cuarta xornada de folga para reclamar un «convenio provincial digno» no metal de Pontevedra rexistrou novamente un seguimento practicamente total, con milleiros de traballadores/as percorrendo dende primeira hora os principais polígonos industriais.

Demandan o mantemento da cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real para compensar a perda de poder adquisitivo dos últimos anos e a redución da xornada anual en 24 horas, así como garantir a subrogación do persoal entre empresas privadas. Tamén reclama unha suba salarial xusta, fronte ao 2% para 2023, do 3% para 2024 e do 3% para 2025 que ofrece a patronal, cunha cláusula de revisión salarial topada ao 1%, sen carácter retroactivo e sen atrasos. Pola súa banda, a parte social demanda un incremento do 4% para cada un dos anos.

As tres centrais sindicais que promoven as mobilizacións aproveitaron a xornada para anunciar dúas novas xornadas de folga, previstas para os vindeiros días 12 e 13 de xullo, que se veñen sumar ás convocadas xa para o xoves 6 e o venres 7.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES