jueves, mayo 2, 2024
InicioA terraA nosa culturaRomán Rodríguez: "O Festival de Cans involucra a todos para manter unha...

Román Rodríguez: «O Festival de Cans involucra a todos para manter unha marca única»

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Festival de Cans, onde felicitou á organización pola celebración do seu 20º aniversario. O evento vive na aldea do Porriño, da que toma o seu nome, a súa última xornada despois de cinco días, a asistencia de máis de un centenar de cineastas e a celebración de medio cento de actividades entre as que se inclúen estreas e actuacións musicais.

O conselleiro agradeceu o labor dos organizadores do festival por manter vivo este certame icónico que serve de escaparate para a creación audiovisual galega e desexoulles “canto menos, outros 20 anos de historia”. “O de Cans é, sen dúbida, un dos eventos culturais e lúdicos máis singulares de Galicia capaz de involucrar cada ano a profesionais, público, administracións e aos propios veciños para manter viva unha marca única”, salientou Román Rodríguez.

O Festival de Cans repite en 2023 como un dos 11 certames apoiados pola Xunta por medio da convocatoria de subvencións para festivais do sector, dentro da que acadou, por terceiro ano consecutivo, a máxima puntuación outorgada pola comisión independente que avalía os proxectos. Estas axudas, dotadas en 2023 con 225.000 euros, son unha das principais vías a través das que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades canaliza o apoio á organización de festivais audiovisuais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES