HomeNewsActualidadeO Congreso convalida a suba salarial do 4,5% para o funcionariado público...

O Congreso convalida a suba salarial do 4,5% para o funcionariado público en 2027

A deputación permanente do Congreso dos Deputados vén de validar este xoves o decreto lei que fará efectiva a suba salarial do 4,5% que afectará a máis de tres millóns de empregados públicos para o vindeiro ano 2027. Trátase dun cumprimento do pacto pechado cos sindicados en novembro de 2025.

O ministro de Función Pública, Óscar López, subliñou durante a defensa do decreto que “se trata da maior suba de salario aos traballadores públicos dende o ano 1992”.

A subida aprobada suporá un incremento a partir do 1 de xaneiro de entre 1.400 e 4.000 euros brutos ao ano, segundo explicou o ministro, e puxo como exemplo os “138 euros brutos máis ao mes que cobrará un policía nacional, 269 euros para os médicos ou case 300 para os xuices”.

Todos os grupos parlamentarios presentes na deputación permanente mostraron o seu apoio ao decreto lei, excepto o PP, que non o concretou e criticou o momento elixido para a subida. Por outra banda, Vox decidiu non participar nin votar nesta sesión.

Tamén en función deste acordo, alén da subida do 4, 5% no primeiro trimestre de 2027 abonarase nas nóminas dos empregados públicos un 0,5 % adicional e retroactivo desde xaneiro de 2026, unha vez que o INE confirme que a inflación este ano creceu por encima do 1,5 %.

No sector público estatal, a subida do 4,5 % correspondente a 2027 farase efectiva na nómina de xaneiro e afectará 546.000 empregados, mentres que o resto das administracións terán que tomar as medidas pertinentes para facer efectiva a subida aos seus funcionarios.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS