sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísLocalizado un novo narcosubmarino na ría de Arousa

Localizado un novo narcosubmarino na ría de Arousa

Un novo narcosubmarino ou semisomerxible de fabricación artesanal foi localizado en augas da ría de Arousa e todo fai indicar que ten vinculación co narcotráfico.

A investigación corre a cargo da Garda Civil e vixilancia aduaneira.

Fontes da investigación sinalan que a nave apareceu a unha milla mar dentro, fronte ao porto de Vilaxoán, cando estaba xa practicamente afundida.

En investigación están as circunstancias do afundimento da embarcación.

Segundo trascendeu, non tería tripulación a bordo no momento da súa localización.

En estudo o método para reflotalo e remolcalo a algún porto, xa que as condicións do mar e o vento poden complicar as manobras.

As dúas planadoras que vararon en Ribeira hai dúas semanas poderían ter recollido o alixo que transportaba este semisumerxible.

No punto está o barco de Salvamento Marítimo Salvamar Sargadelos, que ten porto base en Ribeira, para facer labores de apoio, por se houbese vertedura de combustible.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES