viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaImportante mellora do Pavillón de Sanguiñeda

Importante mellora do Pavillón de Sanguiñeda

A reforma eléctrica, xa acometida, inclúe e instalación de luminarias led e tamén se reformarán a cuberta e a pista de xogo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e o edil mosense de Servizos, Baldomero Lorenzo, visitaron o Pavillón de Sanguiñeda, onde o Concello de Mos está a acometer obras de mellora integral.
Os traballos consisten, no que respecta á instalación eléctrica, na substitución das luminarias por focos led, que optimizan a iluminación e a eficiencia enerxética por implicar unha redución do consumo eléctrico e na instalación dun novo cadro eléctrico. Esta parte de iluminación e electricidade require dun investimento de 8.300 euros.
A mellora integral da instalación deportiva inclúe tamén a reparación da cuberta cun orzamento aproximado de 41.700 euros. Por último optimizarase a pista de xogo con mellora do firme e pintado, valorado nuns 20.000 euros.
O orzamento total desta mellora chega aos 70.000 euros.
“A mellora das infraestruturas deportivas municipais co obxectivo do fomento do deporte no ámbito municipal, forma parte das prioridades da xestión do equipo de goberno local”, destacaron Arévalo, Areal e Lorenzo.
“Esta mellora integral ten o obxectivo de potenciar o deporte base, sendo conscientes da importancia das obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. Trátase dunha importante actuación de interese público, ao tratarnos o Concello de Mos dun municipio que aposta forte polo deporte en xeral e polo deporte base en particular. Ademais este pavillón dá servizo ao CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda”, declararon os representantes municipais

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES