viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño tramita a licenza para a construción dun novo hotel

Porriño tramita a licenza para a construción dun novo hotel

O novo establecemento hoteleiro localizarase na Avenida Domingo Bueno con fachada tamén na rúa Antonio Palacios e contará con 63 habitacións

Así o anunciou esta pasada fin de semana o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen explicou que o proxecto de construción deste novo establecemento hoteleiro conta cun orzamento de 1.570.800 euros e levarase a cabo nunha parcela de 733,13 metros cadrados con fachadas no número 1 da Avenida Domingo Bueno e na Rúa Antonio Palacios.
O edificio proxectado terá catro plantas unha delas acollerá a recepción, cafetería e sala multiusos, a segunda situará o segundo acceso ao hotel dende a rúa Antonio Palacios tamén con vestíbulo e sala de usos múltiples e habitacións, e unha terceira dedicada integramente a habitacións. Ademais construirase un soto destinado a lavandería, vestiarios, cuartos técnicos e almacén xeral.
“Este novo establecemento contará con 65 habitacións e sumará 135 prazas á oferta hoteleira do Porriño”, apuntou o alcalde. “Para unha vila co dinamismo e potencial industrial, cultural e deportivo do Porriño a construción dun novo hotel é unha gran nova, xa que na actualidade non temos capacidade para acoller ao volume de persoas que nos visitan por motivos de lecer, ocio ou incluso de traballo”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES