miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasLouriñaMos aposta polo autocoidado con dous meses de obradoiros gratuítos

Mos aposta polo autocoidado con dous meses de obradoiros gratuítos

Durante febreiro e marzo o Pavillón Óscar Pereiro acollerá estes talleres impartidos por Uxía Veiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes mosense, José Areal; o monitor deportivo municipal, Nacho Carballido, e a monitora Uxía Veiga presentaron os ‘Obradoiros de autocoidado e vida saudable’ promovidos polo Concello.
A administración local ofrece estes obradoiros para que a veciñanza poida probalos de xeito gratuíto e, os que teñan máis aceptación, incluílos nun futuro nalgún dos programas deportivos e/ou de participación cidadá municipais.
O programa de obradoiros comezará o vindeiro 10 de febreiro co taller ‘Aprende técnicas de respiración para calmar a mente e o corpo’. O 17 de febreiro será o obradoiro ‘Aprende a relaxarte e meditar’. O 24 de febrereiro impartiranse ‘Estiramentos para todos os días’. O 3 de marzo ‘Ioga en familia’. O 10 de marzo levarase a cabo o obradoiro ‘Danza e lémbrate da vida’. O 17 de marzo será a quenda do taller ‘Coida a túa enerxía’. O 24 de marzo: ‘Sons que nos activan e relaxan’. E por último o ciclo de obradoiros rematará o 31 de marzo co ‘Baño de bosque Celta’.
Todos terán lugar no Pavillón Óscar Pereiro en horario de 20.30 a 22.00 horas e contan con prazas limitadas e inscrición gratuíta. As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse na recepción da Piscina Municipal ou chamando ao teléfono 986 33 40 70 en horario de 09.00 a 14.00 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES