lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaO concurso de postais de Nadal do porriño xa ten gañadores

O concurso de postais de Nadal do porriño xa ten gañadores

Uxía Rodríguez de 3 anos, Eva Vila de 7 e Alberto Francisco Machado e Noemí Martíns de 12 anos

A segunda edición do Concurso de Postais de Nadal do Porriño xa ten gañadores. O xurado, presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e formado pola concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Carolina González; o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez; a técnico de normalización lingüística, Andrea González, e o deseñador gráfico e publicista, Juancho, ditaminou por unanimidade outorgar os premios ás seguintes gañadoras/es en cada categoría:

• Categoría 1: de 3 a 6 anos. O 1º premio é para Uxía Rodríguez Mouriño (3 anos), o 2º é para Uxía Pérez Alonso (3 anos) e o 3º para Alba Saavedra Ferreira (6 anos)
• Categoría 2: de 7 a 11 anos. O 1º premio é para Eva Vila Comesaña (7 anos), o 2º é para Aldara Pereira (9 anos) e o 3º é para Roberto (9 anos)
• Categoría 3: de 12 a 14 anos. Dado que só se presentaron dúas postais nesta categoría outórganse dous premios iguais ás dúas persoas participantes. Un deles a Alberto Francisco Machado (12 anos) e o outro a Noemí Martíns de Jesús (12 anos)
O xurado acordou tamén, por unanimidade, conceder un accésit dentro da categoría 2 a Manuel (7 anos).
Lembramos que o acto de entrega dos premios terá lugar o martes 3 de xaneiro de 2023 ás 17.00 horas no Centro Cultural Municipal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES