lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaTouriñán dará as badaladas pre fin de ano en Mos

Touriñán dará as badaladas pre fin de ano en Mos

Será o venres 30 nos exteriores do Pazo de Mos e a música correrá a cargo do Combo Dominicano e os dj’s Samu Pexe e Groove Amigos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e demais membros do equipo de goberno local presentaron nos exteriores do Pazo de Mos a gran festa pre fin de ano que terá lugar o vindeiro venres 30 de decembro, nesta mesma localización, e contará con Touriñán para dar as doce badaladas.
A velada, que será a cuberto baixo unha gran carpa, dará comezo ás 23.00 horas no Pazo de Mos. As badaladas con uvas e cotillón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, serán á medianoite, contando tamén coas actuacións musicais da orquestra El Combo Dominicano, dj Samu Pexe e dj Groove Amigos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES