viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaXornada festiva pre fin de ano no Porriño

Xornada festiva pre fin de ano no Porriño

O venres 30 soarán as doce badaladas de mañá nunha festa infantil e a medianoite coa orquestra La Fórmula. Entre ámbalas dúas celebrarase a tradicional San Silvestre e unha gran chocolatada

O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe a programación acompañado polos concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, respectivamente; a Maimiña, Irene Álvarez e os representantes do Atletismo Porriño, Pablo Regueira e Daniel González.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño:


A festa dará comezo ás 11.30 horas cos pequenos e pequenas como protagonistas xa que terán o seu pre fin de ano infantil con actividades e animación a cargo das Maimiñas, unha sesión DJ Mini e concurso de vestiario polo que é importante que veñan ben elegantes para participar. Por suposto, as doce badaladas soarán para despedir o ano a cargo do grupo porriñés King Kids, que fará unha previa do concerto que ofrecerán á noitiña. Haberá cotillón especial para todos!
Pola tarde a xornada arrancará da maneira máis solidaria coa San Silvestre 2022 Concello do Porriño. A partir das 17.00 horas comezarán as carreiras das categorías infantís e ao remate darase o pistoletazo de saída á absoluta. Terá un percorrido urbano moi accesible e completarase un total de 4 quilómetros. Como sempre a proba estará aberta a todas a idades e cada corredor deberá aportar produtos infantís de alimentación e hixiene que se distribuirán a través do SOS Porriño ás familias que os precisan. A inscrición permanecerá aberta ata as 00.00 horas do 28 de decembro e pode formalizarse a través da web www.ecultura.net .
Ao finalizar, arredor das 19.00 horas, haberá unha gran chocolatada gratuíta amenizada coa música dos King Kids.
Ás 20.00 horas a música das rondallas de Atios e Pontellas anegará as rúas da vila. Pero a festa non para e de seguido comezará a soar a música da orquestra La Fórmula que, xunto a actriz Rebeca Stones e ao reputado dj Michael Chenlo, que actuará despois, serán os encargados de dar as 12 badaladas coas que se dirá adeus ao 2022 e recibirase o novo ano. Por suposto haberá uvas e cotillón para facelo por todo o alto.
O alcalde aproveitou para convidar a todo o mundo “a despedir xuntos no Porriño este ano e, sobre todo, a recibir o que entra con ilusión e ganas de facelo inesquecible”.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES