sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaObradoiros de Nadal para os nenos e nenas do Porriño

Obradoiros de Nadal para os nenos e nenas do Porriño

A actividade está dirixida á cativada de 3 a 12 anos e desenvolverase no Centro Cultural Municipal as tardes dos días 26, 27, 28 e 29 de decembro

Os pequenos e pequenas da casa son os verdadeiros protagonistas do Nadal no Porriño e por iso a programación proposta polo Concello para estas datas inclúe múltiples actividades para eles/as. Entre elas os “Obradoiros Infantís de Nadal”, momentos de lecer compartidos nos que poderán amosar as súas habilidades nos diferentes talleres de manualidades e xogos de Nadal.
Desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de tarde, dende as 16 ás 20 h, no Centro Cultural Municipal. A actividade está dirixida a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os doce anos e forma parte do programa cofinanciado pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia do Plan Corresponsables.
As prazas son limitadas a 30 participantes e non se require inscrición previa

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES