miércoles, mayo 15, 2024
InicioComarcasLouriñaLicítase a mellora da estrada Centeáns - Corzón en Pontellas

Licítase a mellora da estrada Centeáns – Corzón en Pontellas

As obras contan cun orzamento base de 136.432 euros e contemplan a renovación completa da capa de rodadura nun tramo dun quilómetro

A concellería de Vías e Obras do Porriño, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación o proxecto de mellora do vial municipal que conecta Centeáns e Corzón, na parroquia de Pontellas.
“Esta estrada atópase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada, polo que require dunha intervención urxente”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Ademais trátase dun vial moi transitado, ao estar na contorna de San Campio e conectar os núcleos rurais de Centeáns, Outeiro –Igrexa e A Meira”.
As actuacións contemplan a renovación completa da capa de rodadura nun tramo de 1.032 metros de lonxitude e 7 metros de ancho medio. “Empregaranse aproximadamente unhas 975 toneladas de asfalto e requirirase tamén o bacheo profundo de zonas concretas que se atopan especialmente deterioradas”, apuntou o edil de obras.
“Seguimos traballando para acondicionar todo o viario municipal que se atopa en moitos puntos en condicións pésimas pola falta de mantemento. Este é un dos proxectos que temos xa en fase de contratación dentro da planificación que estamos a seguir para poder abarcar todo o termo municipal”, concluíu o alcalde.
A obra conta cun orzamento base de licitación de 136.432,29 euros con cargo ao Plan Concellos 2022 e o prazo de presentación de ofertas remata o 12 de decembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES