jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra saca a concurso a licitación dos postos do Mercado Municipal

Salvaterra saca a concurso a licitación dos postos do Mercado Municipal

O obxectivo é dinamizar a praza de abastos.

O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa saiu no Boletín Oficial da Provincia a licitación dos postos e bancadas do Mercado Municipal.

O prazo para presentar as ofertas está aberto dende o día 25 de novembro e estará aberto durante 30 días naturais. As proposicións deberán ser entregadas no Rexistro de Licitacións do Concello.

Con esta nova licitación, O Concello «pretende dinamizar e darlle vida a praza de abastos, que se implementa coas obras de semipeatonalización que se están realizando nestes intres na zona e que permitirán darlle unha nova imaxe e vida a contorna da praza de abastos», segundo explica a administración local.

Pescaderías, conxelados, asados e comida elaborada, panadería/pastelería, charcutería, frutería, productos de alimentación ecolóxicos / delicatessen, carnicería e postos libres son as ofertas que ofrece o concello para todos aqueles que queiran emprender ou ampliar o seu negocio, coa concesión de domicio público por 20 anos, prorrogables por un periodo máximo de 5 anos, con un prezos moi asequibles co fin de facilitar a concesión dos postos.

Para máis información, as persoas interesadas deben consultar a sede electrónica do Concello de Salvaterra ou no perfil do Contratante do Concello de Salvaterra de Miño integrado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES