HomeComarcasVigoMorre un traballador de 57 anos ao caer dun tellado en Vigo

Morre un traballador de 57 anos ao caer dun tellado en Vigo

Un traballador de nacionalidade portuguesa e de 57 de idade faleceu este xoves nun accidente laboral ocorrido na parroquia de Santo André de Comesaña (Vigo).

O operario caeu desde un tres metros de altura mentres realizaba traballos no tellado dunha vivenda desta parroquia viguesa.

Tras o accidente desprazáronse até o lugar efectivos da Policía Nacional, da Policía Local e sanitarios do 061 que non puideron facer nada por salvarlle a vida a consecuencia das graves feridas que sufría debido á caída.

Segundo fontes policiais o traballador carecía de medidas de seguridade básicas.

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS