domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísA Audiencia Nacional é competente para investigar o naufraxio do Villa de...

A Audiencia Nacional é competente para investigar o naufraxio do Villa de Pitanxo

A Sala do penal da Audiencia Nacional emite un auto no que confirma a competencia do Xulgado de Instrución número 2 para investigar o naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo.

A Audiencia rexeita así o recurso da Fiscalía no que pedía a inhibición da causa, e solicitaba que fosen o xulgados de Vigo o que asumisen a investigación. 

No naufraxio tres persoas sobreviviron. Entre elas, o patrón da embarcación, Juan Padín, actualmente investigado pola presunta comisión de 21 homicidios imprudentes e por supostas neglixencias nas horas previas ao sinistro

No accidente rexistrado o 14 de febreiro en Terranova, no Canadá, faleceron 9 tripulantes e outros 12 desapareceron.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES