martes, abril 16, 2024
InicioO PaísPontevedraA Garda Civil intercepta a dous condutores, positivos en alcoholemia, que circulaban...

A Garda Civil intercepta a dous condutores, positivos en alcoholemia, que circulaban de forma errática pola AP9

Foron outros usuarios da vía os que deron a voz de alerta chamando ao 112.

A Garda Civil informa mediante un comunicado que a noite do pasado 26 de agosto, o 112 pasou chamadada dun usuario á central COTA do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, informando que un vehículo circulaba de forma errática pola AP-9 en dirección Tui. Minutos máis tarde é detectado por unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, que tras darlle o alto realízalle a proba de alcoholemia ao condutor, veciño de Vigo, de 44 anos, que deu unha taxa de 0,53 mg/l en aire espirado, é dicir, máis do dobre da taxa permitida. Procédese á inmobilización do vehículo, así como a formularlle unha denuncia administrativa, o que supón unha detracción de 6 puntos do seu permiso de condución, así como unha sanción de 1.000 euros .

Posteriormente, o día 29 do mesmo mes, de novo o 112 pasa outra chamada dun usuario á central COTA do Subsector de Tráfico de Pontevedra, informando que un vehículo circula de forma errática tamén na AP-9, dirección Tui, en Caldas de Reis, sendo detectado por unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, e tras dalle o alto ao condutor, veciño de Arteixo, de 52 anos, realízaselle a prueba de alcoholemia, dando un resultado de 1,16 mg/l en aire espirado, o que supón máis de cuatro veces a taxa máxima permitida. Este condutor é investigado por un delito contra a seguridade vial, e as dilixencias son remitidas ao Xulgado de Garda de Caldas de Reis. Por este feito, de ser considerado culpable pola Autoridade Xudicial, pode enfrontarse a pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. En todo caso, leva aparellada a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Colaboración cidadá
Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra quérese agradecer a todos os cidadáns en xeral, e aos usuarios que circulan polas diferentes vías en particular, e máis concretamente os destes dous casos, a colaboración que veñen realizando ao advertir coas súas chamadas de todas aquelas conducións irregulares que observen, xa que pode con elo evitarse situacións de risco para a seguridade vial

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES