lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaMos mellora o Camiño da Fontarvela en Tameiga

Mos mellora o Camiño da Fontarvela en Tameiga

O Concello financia con fondos propios un total de 17 asfaltados dos que tan só quedan xa tres por acometer

A administración local está a optimizar a seguridade no seu viario municipal con 17 asfaltados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros. Os traballos comezaron a principios do verán e xa se atopan acometidos 14 asfaltados, quedando tan só pendentes tres: os camiños de Urbillal e da Cerámica na parroquia de Sanguiñeda e o Camiño da Coviña en Petelos.
Actualmente atópase en execución o asfaltado do Camiño da Fontarvela, na parroquia de Tameiga, ata o que se achegaron esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto. “O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”, así o explicaban Arévalo e Augusto, durante a visita de supervisión das obras de asfaltado.
O Plan a executar durante o presente ano 2022 púxose en marcha a comezos de verán e para levalo o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios, e ascende a preto de 400.000 euros.
O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022 mellorará a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais das 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoveron estes 17 asfaltados no termo municipal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES