viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaAvanza a mellora da estrada Tameiga-Pereiras

Avanza a mellora da estrada Tameiga-Pereiras

Marcáronse xa as cesións que serían necesarias para completala.

O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Urbanismo, José Areal, informaron esta mañá de que xa está realizado o estaquillado na Estrada Tameiga-Pereiras, que marca as cesións que serían necesarias para completar a mellora deste vial. A empresa contratada para realizar estes traballos, Topogray, levou a cabo tamén un estudo topográfico previo para a nova senda peonil da Estrada Tameiga-Pereiras. Esta nova senda peonil irá precedida da remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.
Proximamente convocarase unha xuntanza cos veciños da zona, de cara a explicarlles os detalles do estaquillado, cesións necesarias, e indicarlles de xeito pormenorizado o trazado exacto da nova senda e o seu deseño definitivo; e así poder acometer a devandita senda. A primeira das xuntanzas coa veciñanza para explicarlles o proxecto realizouse o 1 de decembro de 2021 no Multiusos das Pozas.
Por outra banda, o Concello de Mos xa ten rematado o proxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, previo ao inicio da senda, co que se transformará totalmente esta zona.
A obra na contorna da Capela de San Eleuterio é o paso previo á mellora da Estrada Tameiga-Pereiras, onde se acometerá esta senda peonil.
Contorna da Capela de San Eleuterio
Pola súa banda o proxecto de transformación da contorna da Capela de San Eleuterio, converterá a zona nun espazo público de calidade, con nova pavimentación e dotación de vexetación, arboredo, iluminación e instalacións urbanas, establecendo prioridade peonil na totalidade do ámbito, de 4.800 metros cadrados de superficie, mellorando as condicións de accesibilidade e poñendo en valor os elementos catalogados. Unha mellora que beneficiará á zona da Capela e o cruceiro de San Eleuterio.
Proponse a plataforma única como solución idónea de convivencia entre o peón e o vehículo, desdebuxando os límites entre a zona peonil e a zona de rodadura, permitindo que os viandantes poidan apropiarse desta zona de tránsito motorizado, que se establece no perímetro Sur e Este de o ámbito, no camiño Laxiñas e a estrada Tameiga-Pereiras. Este vial perimetral proxéctase con pavimento de formigón puído con xuntas abertas entreveradas en céspede, marcando sutilmente a zona de rodadura mediante xuntas de retracción, plantación de pradairos vermellos e farois de iluminación dobre

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES