viernes, junio 2, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaA delegación porriñesa Ecoyouth parte cara Mozambique

A delegación porriñesa Ecoyouth parte cara Mozambique

8 mozos participan neste intercambio xuvenil dentro do proxecto “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica”

A delegación española que visitará Mozambique no marco do proxecto europeo “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica” partiu hoxe do Porriño cara Nampula.

8 mozos e mozas estudantes dos IES Ribeira do Louro e do CIFP A Granxa , acompañados por persoal de apoio do Concello do Porriño e do IES porriñés, estarán en Maputo e Nampula ata o día 23 participando na última das mobilidades deste programa de intercambio xuvenil baixo o título “Conciencia ecolóxica: ferramentas dos medios para a participación e o impacto en Nampula”.

Este programa, cofinanciado polo proxecto Erasmus+ da UE, ten como obxectivo fomentar a posta en marcha de campañas de concienciación ambiental, combinando unha análise crítica cunha estratexia de medios coidadosamente planificada

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES