viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaXornadas multiaventura na semana branca dos colexios do Porriño

Xornadas multiaventura na semana branca dos colexios do Porriño

Caiac, surf ou voleibol praia son algunhas das actividades na que participan o alumnado dos centros educativos do municipio.

Os nenos e nenas dos colexios do Porriño desfrutan estes días de xornadas multiaventura no marco da Semana Branca, que se celebra dun xeito diferente: con area, sol e mar.
Durante uns días, o alumnado participa nesta actividade organizada pola asociación Semana Branca en colaboración co Concello do Porriño. Celébrase na praia e os pequenos e pequenas realizan múltiples actividades deportivas como voleibol praia, caiac ou surf na escola de Patos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, compartiron hoxe con eles un momento de aventura, xogaron ao voleibol cos nenos e profesores e conversaron sobre todo o que farán durante a xornada. “Este tipo de actividades son moi enriquecedoras para eles e velos desfrutar xuntos/as é moi satisfactorio”, concluíu o alcalde, «despiden un curso e unha etapa, que mellor maneira de facelo que divertíndose cos seus compañeiros”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES