viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaO Festival de Cans recibiu 10.000 persoas no seu regreso ás datas...

O Festival de Cans recibiu 10.000 persoas no seu regreso ás datas da primavera

Os concertos de Amparanoia o venres e Los Vinagres e Dakidarría o sábado foron as actividades con maior afluencia de público.

O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou por Cans o sábado, día grande do festival, no que hubo un grande ambiente e un comportamento exemplar por parte do público.

A principal afluencia de xente produciuse no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Os concertos nocturnos de Amparanoia o venres e Dakidarría o sábado encheron a carpa desta localización cunhas 1.500 persoas contabilizadas entre o público. Foron, xunto coa actuación de Los Vinagres o sábado pola tarde, os eventos máis concorridos desta edición. 

Á marxe dos concertos gratuítos, destacou o multitudinario Coloquio na Leira con Daniel Monzón, ao que asistiron preto de 300 persoas que puideron saber máis das experiencias deste cineasta mallorquín, autor de películas como Las leyes de la frontera e Celda 211. Monzón tamén protagonizou un dos momentos máis emocionantes do festival ao deixar a súa pegada e descubrir a súa placa no Torreiro das Estrelas do Festival de Cans. 

Emocións e moita ledicia vivíronse tamén nos momentos máis especiais deste certame, como a entrega dos chimpíns de prata ao actor Federico Pérez, o crítico cinematográfico Javier Tolentino e os veciños Marisol Troncoso e Alfonso González, xunto co premio de honra Pedigree 2022 á cineasta Margarita Ledo que cativou o público no Torreiro cun discurso sobre «a importancia das cousas pequenas».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES