martes, junio 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMos da un paso máis cara o futuro da Cidade Deportiva Afouteza

Mos da un paso máis cara o futuro da Cidade Deportiva Afouteza

Recta final para a aprobación definitiva do Plan Especial.

 

Aprobarase este luns, provisionalmente, en Xunta de Goberno o documento para enviar á Xunta de Galicia e que esta emita o oportuno informe para a vindeira aprobación definitiva do Plan Especial da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras. Un paso máis cara a consolidación, o crecemento e o futuro de Afouteza en Mos.

O Plan Especial aprobouse inicialmente en Xunta de Goberno Local fai meses. Trámite tras o cal someteuse ao pertinente período de exposición pública presentándose tan só 3 alegacións durantea a mesma. E agora, con todos os informes sectoriais favorables (tanto os de Montes, Medio Ambiente, Patrimonio … etc. da Xunta de Galicia; como os estatais de AESA e Confederación Hidrográfica) levarase o documento a aprobación provisional en Xunta de Goberno Local o vindeiro este luns 23, para a súa posterior remisión a Urbanismo da Xunta de Galicia.

A continuación a Xunta informará e llo remitirá novamente ao Concello para a súa aprobación definitiva. Deste xeito, este Plan Especial, terá a súa aprobación definitiva nos vindeiros meses.

A maiores da sentenza do TSX (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), que desde o Concello de Mos se espera sexa favorable, a administración local mosense xa conta co Plan Especial da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras, no último trámite coa Xunta de Galicia, previo á aprobación definitiva. Un paso máis cara o futuro do Celta en Mos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES