jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaGradúanse os primeiros nove estudantes do Conservatorio de Torroso

Gradúanse os primeiros nove estudantes do Conservatorio de Torroso

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Román Rodríguez, apadriñou á Primeira Promoción do Grao Profesional do Conservatorio.

O auditorio do Centro Dotacional de Torroso acolleu a cerimonia de graduación da Primeira Promoción do Grao Profesional do Conservatorio de Música de Torroso desde que se creou en 2016. Trátase da promoción 2016-2022.
Asistiron ao acto, celebrado o pasado sábado, para acompañar e felicitar aos graduados o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que exerceu como padriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Graduáronse en Torroso un total de 9 estudantes de entre 17 e 18 anos de idade: 1 trompa, 2 gaitas, 1 percusión, 2 frautas, 1 trompeta, 1 violín, 1 guitarra e 1 alumno que se gradúa en 2 especialidades: clarinete e gaita. Eles son

  • Alem Alonso Rodríguez (especialidade de trompa)
  • David Castañeda Vallejo (especialidade trompeta)
  • Katya Cordon Vieito (especialidade percusión)
  • Rita Carlota Diéguez Aller (especialidade violín)
  • David Misa Rodríguez (especialidade gaita)
  • Laura Xiang Pérez Cerqueira (especialidade guitarra)
  • Andrea Pérez Vilaboa (especialidade frauta travesa)
  • Manel Quintas Pérez (especialidade frauta travesa)
  • Miguel Sanromán Alonso (especialidades gaita e clarinete)

O número total de docentes cos que conta a Escola de Música de Mos é de 29.
A Escola de Música, creada polo Centro Cultural de Torroso, iniciou a súa actividade en 1985, fai xa 37 anos. É Conservatorio Profesional desde fai 6 anos, desde o 2016, e ten un orzamento de gasto anual de 270.000 euros.

Escoita as declaracións feitas durante o acto:

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

Victoria Alonso, deputada provincial:

Camilo Grandal, xerente da escola e conservatorio e presidente da Comunidade de Montes de Torroso:

Ángeles Lorenzo, directora da escola e conservatorio:

Gonzalo Lemos, en representación do profesorado:

David Misa, en representación do alumnado:

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES