lunes, mayo 29, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaOs colexios do Porriño implícanse coa compostaxe

Os colexios do Porriño implícanse coa compostaxe

Os escolares do CEIP da Ribeira puxeron en marcha o seu propio composteiro.

Os nenos e nenas mergúllanse no mundo da compostaxe da man do Concello do Porriño. O alumnado do centro participou esta semana na “Posta en marcha do composteiro” e, da man da técnico de medio ambiente, montaron o seu propio composteiro para o cole.

A rapazada, moi implicada e voluntariosa, aprendeu cal é a utilidade deste elemento no seu colexio, que se pode botar dentro e que non, como traballar con el e que tipo de tarefas son necesarias para que o proceso de compostaxe sexa o correcto, como tapar ben con estruturante a materia orgánica, remexer e regar de cando en vez… Posteriormente, realizarán xuntos o baleirado para que comproben o froito do seu traballo e coñezan os usos do compost.

As concellerías de Medio Ambiente e Limpeza, que dirixen Antía Carrera e Jose Carlos González, están implicadas no fomento da reciclaxe no municipio e parte importante deste empeño é a sensibilización e formación dos máis pequenos. Por iso, están programadas máis actividades educativas nos centros escolares do Porriño adaptadas ás necesidades de cada un deles

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES