sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoConta atrás para as olimpiadas agrícolas da Sementeira

Conta atrás para as olimpiadas agrícolas da Sementeira

Esta fin de semana terá lugar a 14º edición da Festa da Sementeira en Corzáns. 

Comeza a conta atrás para que se celebre na parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, as esperadas olimpiadas agrícolas de maiores e pequenos, «onde as risas están aseguradas», segundo fai saber o Concello. Será o domingo xunto coa tradicional labranza con bois. 

Un día antes, o sábado 14 de maio, comeza a particular ruta de tractores pola contorna e, ao mesmo tempo, actuarán diferentes grupos de gaiteiros na área recretativa muíño da Ponte. Xa pola noite, haberá concertos de grandes grupos como De Vacas,Tonhito de Poi e Caimán do río Tea, entre outros. O domingo 15 de maio haberá tamén oportunidade de escoitar a grupos como Festicultores Troupé, Pelepau ou Son das Tabernas. 

Dende a organización da XIV edición da Festa da Sementeira, sinalian que, como novidade, haberá unha feira agrícola onde os asistentes poderán ver todo tipo de material para a agricultura.. De igual xeiro, apuntan que «haberá postos de artesanía e comida apta para vexetarianos os dous días». 

Escoita a entrevista cun dos organizadores Francisco Sousa:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES