sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísC. Tangana comporá o himno do centenario do Celta

C. Tangana comporá o himno do centenario do Celta

Adiantouno o presidente do Celta, Carlos Mouriño, nunha entrevista. Será o artista urbano C. Tangana quen compoña a letra e cante o himno do 100 aniversario do Real Club Celta de Vigo en 2023.

 O presidente do Celta, Carlos Mouriño, confirmou que o ofrecemento de C. Tangana o ano pasado de compor o himno do centenario do club vigués  foi aceptado por parte do club e que o artista madrileño, e recoñecido celtista, será finalmente o autor do himno.

A idea espertara opinións de todo tipo entre a afección do conxunto vigués e, recentemente, o máximo accionista referírase xa ao asunto, pero aínda deixándoo como unha posibilidade, aínda que recoñecía contactos despois de que el se ofrecese.

Agora, nunha entrevista concedida ao diario Marca, Mouriño xa o da por feito cando se lle pregunta polas sorpresas que prepara a entidade para unha data tan sinalada. «Ademais do himno de C. Tangana, montamos unha comisión para ver que quere facer a afección», responde o presidente. De feito, xa se enviou unha enquisa respecto diso aos abonados preguntando por cales son as iniciativas que máis lles gustaría que se desenvolvan de cara ao 100 aniversario, en 2023.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES