sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaEscolares do Porriño aprenden ao ritmo da eco percusión

Escolares do Porriño aprenden ao ritmo da eco percusión

323 estudantes de Primaria aprenden nocións de básicas de percusión practicando cun balde de plástico que reciclan como instrumento.

323 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Porriño amplían a súa formación cun obradoiro de eco-percusión no que aprenden nocións básicas sobre como tocar a caixa, o tambor e a batería.

A actividade, organizada pola concellería de Educación a través da OMIX, comezou hoxe no CEIP Cruz Budiño, e contou coa participación do alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González.

O rexedor animouse a tocar un tema cos escolares, desenfundou as baquetas e, como se foran unha banda ben consolidada, ofreceron xuntos unha batucada de luxo.

“É marabilloso ver como en apenas unha hora os pequenos e pequenas son capaces de facer soar uns bidóns de plástico…”, explicou o rexedor, que adiantou que “cando rematen os obradoiros todos os colexios formarán unha gran banda de percusión con material reciclado e ofrecerán un concerto na praza do Concello para amosar o aprendido: as técnicas de agarre, golpeo, lateralidade, coordinación e uso da percusión vocal e corporal”.

Cabe destacar que, como apuntou o alcalde, nos obradoiro só interveñen instrumentos procedentes de materiais reciclados. Estes materiais anteriormente referidos, tamén cotidiáfonos, poden ser botes de pintura, latas, tubaxes, bidóns…. A metodoloxía empregada é a propia e xenuína do Proxecto Ecopercussión, mesturando elementos de percusión vocal con exercicios de coordinación e patróns polirítmicos afrolatinos.

“A actividade desenvolverase durante todo o mes de maio nos centro de educación primaria e Aceesca”, apuntou a concelleira. “Consta de dúas partes, os obradoiros en cada centro e o concerto final que se celebrará na Praza Arquitecto Antonio Palacios para o desfrute do público en xeral”.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES