jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoBuscan unha cadela de alta competición que se perdeu en Ponteareas

Buscan unha cadela de alta competición que se perdeu en Ponteareas

Responde ao nome de Boo e esta fin de semana tiña unha das probas de clasificación para unha das competicións mundiais ás que se presenta a cadela.

O luns comezou mal no municipio de Pazos de Borbén. Os adestradores caninos Andrea Ferro e César Mártinez perderon a unha das cadelas de alta competición. Trátase de Boo e esta fin de semana perdeuselle a vista mentres estaba na parroquia de Canedo, en Ponteareas. Dende entón, os veciños e as veciñas de distintas localidades volcáronse nas Redes Sociais para dar con Boo. Por ahora, sen éxito.

Os adestradores recibiron varios avisos durante este martes e, segundo as últimas informacións, a cadela foi vista por varios puntos do centro de Ponteareas e, á última hora da tarde, veciños e veciñas deron o aviso de que a miraron na estrada de Ponteareas cara a Salvaterra de Miño. Todo apunta a que Boo corría á altura de Moreira dende Angoares.

Segundo as descripcións de Ferro e de Martínez, a cadela é pequena, pesa sobre 5 kilos, leva un colar de cores no que pon Tsunami e o número de teléfono (656262151). Esta fin de semana disputaban unha das probas para clasificarse nun dos mundiais de agility. Piden a colaboración da veciñanza para dar con Boo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES