viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha nova ponte internacional para conectar Portugal coa PLISAN

Unha nova ponte internacional para conectar Portugal coa PLISAN

Segundo un estudo da Universidad de Porto deixaría na rexión uns beneficios de 123 millóns de euros e repercutiría no aforro enerxético.

Unha nove ponte internacional que conecte, de forma máis contundente, o norte de Portugal co Polígono Industrial de Salvaterra e As Neves. Isto é o que estuda o goberno luso logo dunha proposta que xurdiu no contexto das xornadas Desafios da Cooperaçao Transfronteiriça: Qual o posicionamento do território do Alto Minho?. A proposta partiu dos dez concellos lusos que forman parte do lado da raia portuguesa.

Precisamente, a idea é que esa nova ponte internacional teña acceso dende Valença e Melgaço e que desemboque no municipio miñoto de Salvaterra de Miño. Neste contexto, a súa rexedora, Marta Valcárcel, amósase «contenta» por esta iniciativa do goberno portugués posto que, por unha banda, «solventaría o problema de tráfico pesado da actual ponte», relacionado co transporte de mercadorías, e, por outra banda, «intensificaría un dos actractivos da PLISAN, a súa cercanía ao país veciño».

Amáis, segundo un estudo da Universidad de Porto esta nova infraestrutura, que xa ten sobre a mea o goberno luso, deixaría na rexión uns beneficios de 123 millóns de euros e un aforro enerxético de máis de 60 millóns de euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES