viernes, mayo 3, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta permitirá o pago das débedas tributarias mediante transferencia bancaria e...

A Xunta permitirá o pago das débedas tributarias mediante transferencia bancaria e xiro postal

O DOG publica hoxe a orde pola que se regulan estes medios de pago.

A Xunta de Galicia permitirá o pago das débedas tributarias mediante transferencia bancaria e xiro postal. Deste xeito, a Administración galega vai ampliar os medios de pago dispoñibles co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias a todos os cidadáns.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se regula o pago mediante transferencia bancaria e xiro postal das débedas cuxa xestión recadatoria ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). Esta norma permitirá, previa publicación das respectivas resolucións da Atriga, o emprego destes medios para o pago dos tributos autonómicos.

Trátase de ampliar as posibilidades de pago das que xa dispoñen os cidadáns, e no caso do pago mediante transferencia bancaria , dar resposta a todos aqueles casos nos que o contribuínte non ten aberta unha conta en ningunha das entidades colaboradoras coa Atriga.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES