viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaUn erro do Google Maps deixa de novo a un camión embarrado...

Un erro do Google Maps deixa de novo a un camión embarrado en Petelos

A Policía Local de Mos informa que «gracias a unha empresa local» xa está aberto ao tráfico.

Un camión quedou en medio do barro no camiño da Raposa, na parroquia de Petelos, en Mos, este mércores. Diante do suceso, os efectivos da Policía Local pediu aos veciños e ás veciñas que non empreguen este camiño en todo o día mentres os efectivos tratan de solventar o problema.

Segundo informan dende o Concello, non é a primera vez que ocorre e é que, insisten, trátase dun erro común. «Os conductores seguen as instruccións do GPS para circular por ese camiño», pero é un camiño no que non poden maniombrar «e cando dan a volta, embarran». Aseguran que é «un erro de Google Maps que xa se notificou moitas veces».

Con todo, a Policía Local de Mos vén de anunciar que «gracias a unha empresa local queda habilitado de novo o paso polo camiño»

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES