jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasO Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, cara un turismo sustentable

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, cara un turismo sustentable

O alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo e a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo participaron hoxe na reunión de traballo cos seus homólogos, edís e persoal técnico dos 14 concellos que conforman o Xeodestino .

Todos coñeceron unha aproximación das accións que se incluirán dentro do Plan de Sustentibilidade Turística cos seus puntos claves.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa dando pasos cara a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados e implementando medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos diferenciados. Nese camiño, este mércores 6 alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico dos 14 concellos que aglutinan o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha nova reunión de traballo na que o rexedor nigranés Juan A. González foi ratificado como novo representante institucional.

Juan A. González, rexedor de Nigrán, novo representante institucional

O alcalde de Nigrán dá así o relevo á rexedora de Mos, Nidia Arévalo, que estivo ao fronte do cargo durante os dous últimos anos, xa que renovou como representante tras frear a pandemia o calendario de accións e reactivar a actividade programada o ano pasado. No encontro participaron tamén Antonio Lomba, rexedor da Guarda; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Alejandro Lorenzo, rexedor do Porriño; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Cristina Correa, rexedora de Oia; e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, así como a concelleira de Gondomar, Rocío Goberna; a Pazos de Borbén, Eloísa Nogueira; a de Redondela María Castro Abad; a de Soutomaior, Cristina González; e a de Tui, Ana Núñez.
O persoal técnico realizou unha reunión previa no auditorio municipal de Nigrán para seguir avanzando en perfilar as accións que se van a incluír no Plan de Sostibilidade Turística en Destino, un instrumento co que o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño busca dar pulo á transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable.
Tras ese encontro, a reunión trasladouse ao salón de plenos do Concello de Nigrán onde, tras a benvida de Juan A. González a todas as persoas asistentes, os técnicos e técnicas trasladaron aos rexedores e rexedoras unha aproximación das accións que se incluirán dentro do Plan de Sostibilidade Turístico cos seus puntos claves. Tamén trasladaron as accións que se van desenvolver dentro do plan de acción para este ano 2022 no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Os alcaldes e alcaldesas tamén foron informados sobre o convenio asinado anualmente con Turismo de Galicia, que continuará apostando polas sinerxías entre empresas e entidades turísticas coa posta en marcha de novos encontros de networking como os desenvolvidos durante este ano e que tan boa acollida tiveron. Ao longo dos vindeiros meses tamén levará a cabo un acto de presentación de destino en Portugal

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES