sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaConcello e Diocese Tui-Vigo abordan a reforma da capela do Cristo

Concello e Diocese Tui-Vigo abordan a reforma da capela do Cristo

Comparten que non se pode esperar a unha resolución xudicial, cando o estado no que se atopa o templo supón un risco evidente para veciñanza

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Patrimonio, Antía Carrera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Diocese de Tui-Vigo para abordar a rehabilitación da capela do Cristo.
Na reunión, na que tamén estivo presente o párroco da parroquia Santa María do Porriño, Joaquín Estévez, ambas institucións coincidiron na urxencia de acometer a restauración da capela. “É urxente rehabilitar a capela non só polo seu valor patrimonial e emocional para os porriñeses, senón tamén polo perigo que implica o estado no que se atopa dende hai case dous anos. O parque do Cristo é un lugar de moita afluencia na vila, especialmente a súa zona infantil, e tal e como está o edificio supón un risco”, afirmou o alcalde, agradecendo a “disposición do bispado a axilizar o máximo posible a execución destas obras”.
Cabe lembrar que o edificio está danado dende o 16 de marzo de 2020, cando unha grúa pluma de grandes dimensións caeu sobre el esnaquizando a cuberta e parte do interior. A Diocese de Tui-Vigo, propietaria do recinto relixioso, presentou unha reclamación contra as seis empresas implicadas no sinistro e as súas respectivas aseguradoras que está pendente de resolver. Os representantes da diocese transmitiron o seu compromiso de comezar as obras tan pronto o xulgado que instrúe a causa o autorice.
“Non podemos esperar a unha resolución xudicial para comezar a reforma, cando o estado supón un risco evidente para a nosa veciñanza. Algo que dende a Diocese Tui-Vigo comparten”, apuntou o rexedor. “Transmitíronnos que tan pronto se aporte a pericial pendente, que estiman que sexa no vindeiro mes, solicitarase a autorización para iniciar as obras”. Neste senso, ambas entidades acordaron iniciar os trámites para axilizar os prazos administrativos unha vez conten coa autorización.

Outras melloras
No encontro os representantes municipais expuxeron tamén outros temas de interese para o municipio que se tratarán polo miúdo en vindeiras xuntanzas. Concretamente, a formalización dun convenio para realizar melloras no local que utiliza a Asociación de Veciños O Castelo de Cans, propiedade da Diocese, a reparación da cuberta da Igrexa de Santa María do Porriño e melloras na capela de Santa Leocadia, en Mosende

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES