sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoA "incerteza" da Reforma Laboral deixa sen técnica de orientación laboral a...

A «incerteza» da Reforma Laboral deixa sen técnica de orientación laboral a Mondariz

A partir de outubro, o servizo de orientación laboral será prestado na oficina de emprego de Ponteareas.

A «incerteza» da Reforma Laboral fai que o Concello de Mondariz non solicite a subvención para que a localidade conte cunha técnica de orientación laboral. Decidiuno así o goberno local «por prudencia e responsabilidade», segundo fai saber o alcalde do Municipio, Emilio Barros,e insiste en que se debe á «incerteza» da modificación da lei, en concreto á parte que ten que ver coa consolidación do emprego público.

Nes contexto, diante do «risco» de que o Concello teña que asumir ese servizo que non é municipal, o goberno liderado polo nacionalista decide non pedir esa subvención, «aínda que non descartamos que máis tarde si o fagamos, cando se aclare un pouco as dúbidas», explica o rexedor para os informativos de Si Radio.

Deste xeito, os veciños e as veciñas dos concellos de Mondariz e de Mondariz-Balneario, que compartían este servizo, deixarán de dispoñer dunha técncia de orientación labora ldo Servizo Público de Emprego de Galicia nas oficinas dos servizos sociais comunitarios do Concello de Mondariz, «mais seguirán tendo acceso a este servizo de competencia autonómica a través da oficina de emprego de Ponteareas», segundo fai saber a administración local.

Explica o Concello de Mondariz que a técnica de orientación laboral de Mondariz é un posto subvencionado pola Xunta de Galicai dende 2016, no marco dun convenio de colaboraicón entre os cocnellos de Mondariz e Mondariz-Balneario, «que naquel momento sumaban pouco máis de 5.300 veciños e veciñas». Así, indica o alcalde, Emilio Barros «ata agora fomos renovando o convenio porque era un posto subvencionado que non lle costaba moito ao concello, tan só os esforzos adminsitrativos de tramitar periodicamente a subvención correspondente» pero «coa lei para a estabilización do emprego aprobada en 2021, o Concello de Mondariz corre o risco de ser demandado xurídicamente para estabilizar ese posto de traballo e asumir todos os custos do mesmo, mesmo cando se trata dunha competencia municipal».

Inflúe tamén que o posto da técnica de orientación laboral foi incluído no documento de Relación de Postos de Traballo aprobada en mario de 2019.

Escoita aquí a entrevista completa co alcalde de Mondariz, Emilio Barros:

 

Diante desta situación, o concello de Mondariz propúxolle ao veciño Concello de Mondariz-Balenario que tramitase a subvención correspondente para non prolongar os contratos temporais desde o Concello de mondariz e «compartir responsabilidades» posto que «tamén é beneficiario deste servizo de orientación laboral a través do convenio de colaboración asinado en 2016». Polo de agora, sinala Barros, «non houbo interese por parte do Concello de Mondariz-Balneario».

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES