viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísSamuel Kwesi pide que se baixe ao Villa de Pitanxo "por xustiza"

Samuel Kwesi pide que se baixe ao Villa de Pitanxo «por xustiza»

Samuel Kwesi, un dos tres superviventes do Villa de Pitanxo como ao patrón e o seu sobriño, pide xustiza para os seus 21 compañeiros que morreron no naufraxio do pesqueiro con base en Marín o pasado 15 de febreiro en augas de Terra Nova (Canadá).

«Vin como sufriron e dixeron as súas últimas verbas. Os que quedaron dentro do barco non os vin pero os que estaban comigo na balsa si (…). Pídolle ao Goberno de España que, por favor, me mire á cara, non se pode facer xustiza sen baixar ao barco para coñecer a verdade» dixo moi emocionado no micro.

A versión dos feitos de Kwesi contradí a do patrón. O ghanés leva anos vivindo en Marín pero esta fatídica marea era a primeira que realizaba neste barco.

«Oxalá puideran estar aquí comigo. Aínda que estiven noutros barcos, aquí atopei compañeiros bos» dixo.

Pediulles ás familias que non deixen de loitar e que todos poñan da súa parte para que se poida facer xustiza polo Villa de Pitanxo, pero tamén por todos os compañeiros embarcados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES