viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoVida, o segundo crebacabezas de Mónica Cabaleiro en Salvaterra

Vida, o segundo crebacabezas de Mónica Cabaleiro en Salvaterra

Ten 24.000 pezas e está exposto no parque da Canuda.


A veciña da parroquia de Leirado, Mónica Cabaleiro Álvarez, volve a sorprender aos veciños e as veciñas da comarca do Condado co seu último traballo, Vida. Trátase dun crebacabezas de 24.000 pezas que a salvaterrense rematou no mes de decembro, logo de seis meses no que compaxinou o seu traballo co seu pasatempo favorito, aínda que, recoñece, «estiven de vacacións e tamén fixen vida social, non todo na vida é adicarse aos crebacabezas».
 
Cabaleiro descubriu a paixión durante a pandemia da COVID-19 e chegou a facer un dos máis grandes do mundo, cun total de 32.600 pezas, e que ten como nome Vida salvaxe e tamén se pode contemplar no Parque da Canuda. As dúas obras están expostas por un cesión temporal da veciña para que, segundo explica a administración local, «para facer as ledicias de quen o desexe, especialmente dos máis cativos, quen mostran sempre un gran interese por este tipo de pasatempos».
Esta grande arquitecta das “ilsusións quebradas” non descansa e «xa podemos adiantar que comezou un novo reto de locura, cunha estampa de 42.000 pezas no que seguro que a paciencia e a constancia serán uns elementos claves durante o proceso», indican dende o Concello de Salvaterra de Miño. A administración local trasladalle os parabéns a Mónica, ademáis de «mostrarlle a nosa gratitude por compartir o seu traballo con nós, ao mesmo tempo que lle mandamos moitos folgos para que poida rematar e compartir esta obra tan complexa».
 
 
 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES