viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoPonteareas aproba o orzamento para 2022 coa negativa da oposición

Ponteareas aproba o orzamento para 2022 coa negativa da oposición

As contas Son de 18.965.000 millóns de euros, unha cifra semellante a do ano pasado.

Ponteareas aproba os orzamentos para o 2022 cos únicos votos a favor dos dous grupos de goberno, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista. O documento económico que presentou o bipartito non convenceu a oposición, nin ao Partido Popular nin a ACIP, que calificaron os orzametnos de «electoralistas» e que, amáis, non responden ás necesidades do pobo. As contas para este ano, que chegan no mes de marzo, son de 18.963.000 euros, unha cifra semellante ao do anterior ano, tres millóns menos xa que no 2020.

O goberno destaca o investimento de 3 millóns de euros para asuntos sociais, que é a mesma cifra que no anterior ano, ou o servizo de limpeza viaria e recollida do lixo e tratamento que supera o 1,8 millóns. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, calificou as contas de «equilibradas» e destacou que o Concello asume servizos que non debería:

Non convenceu á lider da oposición, á popular Belén Villar, porque destacou na sesión plenaria que faltan partidas importantes como as bolsas FEUGA, que permitían dar emprego aos recién graduados e graduadas, para o mantemento do Castro de Troña ou para reformar a actual escola infantil de Ponteareas. Criticou tamén que contan con informes desfavorables da interventora:

 

 

 O número un de ACIP, Juan Carlos Carrera, esixiu máis apoio para o sector da hostalería de Ponteareas e cailficou o documento económico de «electoralista».

O concelleiro de Facenda, Francisco Floreal, defendeu que ten informes de cada departamento que avala as contas:

 

 

E, pola súa banda, o PSOE, o socio do goberno do BNG, co que tivera discrepacias á hora de elaborar o documento, aseverou na sesión plenaria que conseguiron incluír as súas aportacións. Chus Garrote é a voceira socialista:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES