viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plataforma polo saneamento de Ribadetea leva ao pleno ampliar o proxecto...

A Plataforma polo saneamento de Ribadetea leva ao pleno ampliar o proxecto á totalidade da parroquia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo da primeira fase da rede de saneamento da parroquia.

Augas de Galicia adxudica a redacción do proxecto para iniciar a construcción da rede de saneamento da parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, por un importe que rolda os 18.000 euros, cun prazo de execución de seis meses, á empresa Seyre Ingenieros S.L.

Segundo fai saber a administración autonómica, «trátase de impulsar as actuacións derivadas da actualización do Plan Director de saneamento municipal, realizado pola entidade hidráulica da Xunta, no que se prioriza o desenvolvemento dunha nova rede de saneamento e tres bombeos para recoller as augas residuais nas zonas que se identifican no documento como A Freixa I, A Freixa II e Mourade». Esta primera fase, di a Consellería, «é básica para o desenvolvemento do resto de fases do saneamento».

Con todo, malia que a Plataforma mostrase «contenta» porque se dea este primeiro paso, as pretensións eran que se fixera xa a actuación para a totalidade da parroquia. De feito, solicitaron unha reunión coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. Levarán ao pleno a proposta en forma de moción para recadar o apoio dos grupos políticos de Ponteareas.

Escoita a entrevista completa cun dos voceiros da Plataforma, Delfín Domínguez:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES