Aseguran os populares que reciben “un aluvión de queixas e preguntas dos veciños que nons abencomo quedaron as súas parcelas”.
O Partido Popular da vila do Tea inicia unha rolda de reunións “para explicar o documento do PXOM, aprobado polo bipartito, en todas as parroquias e no centro de Ponteareas”. Deste xeito, os populares explicarán “como queda ordenado o territorio diante do aluvión de queixas e preguntas que están a realizar os veciños que non saben como quedaron as súas parcelas ao non ter oportundiade de comprobalo porque o bipartito non fixo exposición pública”, segundo explican nun comunicado.
Farán “un repaso por cada parroquia coas súas particularidades e explicaremos os cambios máis significativos, na maioría a redución de construción de vivendas unifamiliares” porque , di a líder do Partido Popular de Ponteareas, Belén Villar, “atopámonos con xente que non sabe que a súa parcela xa non é edificable” ou con “persoas que lles pasa un vial por encima das súas propiedades que tamén descoñecían estes cambios”. Apunta Villar a que esta é a “consecuencia de facer un documento sen consenso, sen publicidade e sen contar coas emendas presentadas polos demais grupos políticos, como xa é habitual”.
As reunións comenzan polas parroquias
A primeira xuntanza produciuse na parroquia de Areas, “á que acudiron decenas de persoas interesadas en coñecer estes cambios” posto que, din os populares, “son irreversibles” e que “só poden alegar mediante vía xudicial”. Refírense a “parcelas que eran edificables no centro da parroquia e agora son rústicas, ou de naves na N-120 que na aprobación iniciar estan en mini polígonos industriais e que agora desapareceron e quedan en rústico, co prexuízo que iso supón para eses negocios e os seus propietarios”.
As próximas reunións continuarán polo rural e ao finalizar todas as parroquias iniciarase outra rolda de reunións en diferentes partes do pobo de Ponteareas.

