domingo, febrero 25, 2024
InicioComarcasO CondadoO BNG de Mondariz-Balneario insistirá no pleno en solicitar o BIC para...

O BNG de Mondariz-Balneario insistirá no pleno en solicitar o BIC para o municipio

Levarán a proposta ao próximo pleno do mes de abril.

O grupo líder da oposición en Mondariz-Balneario, o Bloque Nacionalista Galego, levará ao próximo pleno municipal unha moción para solicitar o Ben de Interese Cultural. «Unha proposta que xa rexeitaron hai dous anos», explica o voceiro nacionalista César Gil, pero que considera importante para o patrimonio da localidade porque «abre unha liña de axudas para rehabilitalo».

Amáis, pon en valor Gil que no anterior pleno saira adiante a proposta de solicitar á Xunta de Galicia a declaración do ARI, que permitirá aos veciños e as veciñas reconstruir as súas casas «con ata un 70% de axudas segundo as rendas».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES