sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísOs gandeiros urxen solucións para os seus animais en perigo

Os gandeiros urxen solucións para os seus animais en perigo

Os porcos das granxas galegas precisan urxentemente pensos.  Ao desabastecemento causado pola guerra de Ucraína súmase a falta de distribución pola folga do transporte que afoga a moitos sectores en Galicia: o pesqueiro, leiteiro, conserveiro, gandeiro e agrícola.

 

 Afectado dunha granxa de porcos:


O delegado do Goberno en Galicia:

O delegado do Goberno en Galicia, José Luis Miñones, considera que esta é «unha folga ilegal, sen servizos mínimos». Criticou aos piquetes por non privar do dereito de traballar aos transportistas que o queren facer.

Desde o Goberno central tratan de dar seguridade ás empresas de transporte que queren traballar mediante presenza policial, «con máis de 2.000 axentes que están presentes agora mesmo, con eses convois que se están establecendo para que poidan facer o traballo e tamén con máis de 400 accións en diferentes puntos de Galicia».

Os criadores de porcos claman unha solución urxente. Piden que o abastecemento de penso para os animais sexa considerada unha necesidade esencial para evitar que os animais morran de fame.

Igualmente, os gandeiros urxen unha solución, despois de ter tido que tirar o leite das súas vacas. Aínda que os camións cisterna lles van recoller o leite, logo as fábricas leiteiras non poden distribuír o leite procesado, por iso, ao parar a produción paran tamén a recollida de leite aos gandeiros.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES